agenda

The Teta's Van, unha volta ás orixes

O grupo The Tetas' Van actúa esta noite na praza de San Marcial (ÓSCAR PINAL).
photo_camera O grupo The Tetas' Van actúa esta noite na praza de San Marcial (ÓSCAR PINAL).
O grupo ourensán The Tetas' Van volve ás súas orixes e ofrece un concerto dentro de VeránEarte, certame no que debutou. A cita será na praza de San Marcial

O grupo ourensán The Tetas' Van actúa esta noite na céntrica praza de San Marcial dentro da programación de veránEarte. Unha cita dobremente especial "por xogar en casa" e por volver a veránEarte, "o programa no que debutamos artísticamente", sinala a saxofonista do grupo, Irene Somoza. A historia da banda remóntase ao ano 2011, cando seis mozas decidiron formar unha agrupación para presentarse a un certame musical. 

Dende esa primeira aventura na que comezaron musicalizando o poema "Luísa sorriso", de Ricardo Carballo Calero, pasaron a versionar cancións conocidas, "tanto con letras propias como con letras que nos envia a xente. Sempre co obxectivo de contar algo e visibilizar a presenza da muller na música maís aló do seu papel de vocalista", explica Irene Somoza.

Oito anos de historia no que The Tetas' Van leva traballando a prol da da igualdade e o feminismo, así como a crítica social de temas como a emigración. Sempre dende a festividade: "Somos equipo, disfrutamos enriba do escenario e esa festa contáxiase ao público".

Lugar: praza de San Marcial

Hora: 21,30

Te puede interesar