AXENDA CULTURAL

Un entroido "dos de sempre"

CARBALLIÑO
photo_camera Exposición do Entroido Ribeirao, na casa consistorial de O Carballiño.

Un total de dezaito fotografías dos membros da asociación O Potiños visibiliza o colorido dun carnaval ancestral. A mostra, nas escaleiras do Concello de Carballiño

A asociación fotográfica de Carballiño "O Potiños" estrea nova exposición. Un total de 18 fotografías da maioría dos membros da entidade da cor ás escaleiras da casa consistorial carballiñesa. O Entroido Ribeirao, protagonista da mostra que complementa a programación cultural do Entroido e da Festa da Cachucha, que comezará o venres 1 de marzo. A exposición poderá visitarse de luns a sábado, ata o 15 de marzo.

"Os membros de O Potiños fumos a este entroido o ano pasado. É un entroido distinto. Moito colorido, unha festa de sempre e ancestral", conta Manuel Blanco, presidente da asociación.

As fotografías exhiben o significado deste entroido da zona de Chantada. A tradición mantense viva en Santiago de Arriba e a cor póñena os "volantes", a personaxe deste carnaval que vai vestido cun pucho de cintas de cores, flores e muñecos. Esta especie de gorro pode chegar a pesar 15 quilos. Levan un cinto de coiro que, como as chocas da zona de Ourense, o cometido é anunciar por onde van.

"É un entroido de moito colorido. Apréciase sobre todo nas cintas. A festa comeza nunha zona alta do pobo e van baixando polas casas bailando. Vanse xuntando e incrementando os participantes, nenos e maiores, ata reubirse abaixo", explica Blanco, que sinala que a mostra é "un anticipo do Entroido".

A asociación O Potiños tamén ten en marcha o concurso fotográfico pola igualdade, adicado aos menores.

Lugar: Escaleiras da Casa do Concello de Carballiño

Data: Ata o 15 de marzo

Te puede interesar