AXENDA

Un toque anos 60 para o jazz

O grupo de jazz actuará esta noite na Corte dos Bois.
photo_camera O grupo de jazz actuará esta noite na Corte dos Bois.
O grupo de jazz-rock Juzz  chega hoxe a Sandiás para facer soar na Corte dos Bois os temas do seu primeiro disco nun concerto "intenso e de moita enerxía". 

Tiñan ganas de tocar na Corte dos Bois, e este sábado os integrantes de Juzz mostrarán o seu talento sobre o escenario dun local que respira música en cada unha das súas esquinas. 

Virxilio Rodríguez, Rosalino Marinello, Xan Campos, Álex Salgueiro, Felix Barth e Iago Fernández interpretarán sobre o escenario deste local de Sandiás "os temas do noso primeiro disco". Explicao Virxilio, guitarrista do grupo, e que compuxo os temas cando estudiaba en Holanda. 

Sobre o estilo do grupo, o guitarrista sinala que é "jazz-rock moi influenciado polo música deste estilo de finais dos 60, aínda que con influencias máis actuais". Sobre os que se refiren a eles como un grupo de rock progresivo, él sinala que a súa "actitude é máis de jazz que de rockeiros". 

Virxilio tamén foi encargado de "escribir a música" que agora interpreta o grupo. Foi durante a súa estancia de estudiante en Holanda. En concreto, no Conservatorio de Ámsterdam. Sobre o inicio do grupo explica que "os primeiros concertos que fixen con esta música foi con outra xente diferente" á que forma actual banda. Excepto Felix Barth, o baixista, co que comparte escenario "case dende o principio". Foi na súa volta a España cando quixo crear o proxecto que agora é Juzz. Ao volver "chamei a xente coa que sempre quixen tocar para facer o grupo". Na súa cabeza tamén estaba contar con dous teclados porque aseguraba a "sonoridade do grupo con moitos efectos". E para elo pensaba en Xan e Álex e ao volver foi con algúns dos que contou para banda. 

Virxilio explica que os seus concertos son "moi intensos, moi psicodélicos e moita enerxía". E prometen disfrutar e facer pasalo ben a todos os que hoxe asistan a escoitar a súa música na Corte dos Bois, onde tocarán por primeira vez. 

Lugar:  A Corte dos Bois (Sandiás)

Data e hora: hoxe, 10 de agosto, ás 21 horas. 

Te puede interesar