Agenda

Un "Ulises" para facer país

Agenda

axenda

Un "Ulises" para facer país

O exemplar de "Ulises" de Otero Pedrayo.
photo_cameraO exemplar de "Ulises" de Otero Pedrayo.

Pablo Sánchez Ferro presenta este sábado no Liceo a peza do mes da Fundación Otero Pedrayo, o "Ulises" de Otero, unha traducción da mítica obra do escritor irlandés James Joyce

O Liceo acolle esta mañá a presentación da peza do mes da Fundación Otero Pedrayo, que neste mes de maio será o exemplar de "Ulises", que pertenceu a Otero. Pablo Sánchez Ferro, director do Arquivo Provincial, asegura que trátase dunha peza de "moito valor simbólico", tanto "para a Fundación como para a cultura galega". 

Unha novela do escritor irlandés publicada en 1922 e  da que  Otero Pedrayo fixo unha tradución parcial no ano 1926.  Sánchez Ferro explica que o paso do texto ó galego foi "bastante precoz" e que se fixo nunha época na que os membros da revista Nós, que tiñan nese momento unha "conciencia nacional bastante potente", miraban moito á literatura de Irlanda, que no 1922 independizárase do Reino Unido. Para Nós aquela literatura era "un espello no que mirarse" para "a reafirmación da cultura galega".

Os fragmentos da obra de "Ulises" traducidos por Otero Pedrayo pasaron "a incorporarse ó imaxinario galeguista", sinala Ferro, que afirma que dende aquel momento é un "símbolo da entrada da cultura galega á modernidade, á xeración da vangarda literaria europea". 

Aínda que no 2013 publicouse a tradución completa de "Ulises" en galego, o Consello da Cultura Galega incorporou no 2016 o exemplar de Otero Pedrayo na exposición "100 obxetos para contar unha cultura", na que estaban pezas simbólicas da cultura da nosa comunidade "dende a perspectiva institucional". 

Lugar: Liceo

Horario: hoy, sábado, a las 13 horas

Más en Agenda

Agenda

Las mezclas de Baiuca

Baiuca, el proyecto diseñado por el gallego Alejandro Guillán, tocará este sábado en la praza de Saco y Arce dentro del festival Musgo