AGENDA

De viaxe ao corazón da Galicia popular

20180710190752169_result
photo_camera Xoque Carbajal e Jouse García, nun momento da obra "Go on!".

Cousas tan galegas coma o can de palleiro ou as paparotas interminables son fíos a través dos que xorde"Go on!", que se poderá ver mañá na cidade

"Como verá alguén de Arkansas as nosas costumes?". Esta foi a pregunta que se fixeron os actores Xoque Carbajal e Jouse García, e o punto de partida de "Go on!", unha representación que "é o espectáculo máis vendido de Galicia nos últimos tempos, con 150 funcións. Mesmo dous anos despois da estrea, repetimos en sitios", conta Carbajal. Estos dous actores, que se poñen na pel dun par de exploradores, chegan mañá a Ourense, onde ofrecerán unha representación de balde na Praza de San Martiño, ás 22,30 horas, no marco da IV edición do Verán Cultural organizado polo Concello de Ourense.

"Go on!'-de Malasombra Producións- son as aventuras de dous aventureiros que escoitan falar de Galicia e adéntrase nestas terras a través da Ruta Xacobea", explica Carbajal. Unha vez poñen pé en Galicia, comezan a enfrontarse a unha serie de acontecementos, coma o ataque dun can de palleiro, o tropezo coa Santa Compaña ou a matanza do porco, "e a partir de entón, viaxan polo mundo contando esta 'terrible' experiencia".

Razoa Carbajal que "cando alguén viaxa a culturas diferentes, abraias coas cousas que ves. Algúns flipan cando estamos sete horas sentados á mesa, comendo", comenta entre risas. O mellor consello para enfrontarse a esta terra galega é "vir ver 'Go on!', e os espectadores vano ter moito máis fácil", bromea o actor.

Te puede interesar