APICULTURA

As abellas celebran o seu día nos xardíns de Allariz

<p></p>

A Asociación de Apicultura informou sobre os problemas que padece o sector

O recinto do Festival Internacional de Xardíns de Allariz acolleu onte un os actos enmarcados no Día Mundial das Abellas e que organizou a Asociación Galega (AGA) de Apicultura. Ao longo da mañá, expertos e una dúcea de apicultores da zona deron a probar o mel a centos de personas que se achegaron ata aquel punto, ao tempo que informaban sobre a necesidade de protexer aos polinizadores como gardas do medio ambiente e polos beneficios que aporta á agricultura, ó medioambiente e á alimentación.

Así mesmo, concienciose á xente sobre os problemas que ameazan ás abellas. Segundo sinalou Suso Asorey, responsable de AGA, nestes momentos son varios os problemas do sector. Por un lado, o medo aos efectos da recentes xeadas nos colmeares. "Ia todo moi ben, pero a xeada tan forte de semanas atrás freou en seco ás colmeas. Queimou o brezo de primavera e moitas abellas están a comer o que fixeran antes", asegura Asorey. Tamén hai temor pola floración dos castiñeiros, algo fundamental para os colmeares, pero que este ano é moi incerta, xa que os brotes quedaron todos queimados pola xeada e non se sabe se recuperarán.

Con relación á ameaza da vespa velutina, Asorey informou de que onte presentouse en Santiago de Compostela unha plataforma que reúne a 24 organizacións de apicultores, agricultores, colectivos medioambienales, sindicatos agrarios, comunidades de montes e universidade, para demandar da Administración medios para loitar contra esta vespa, que non só afecta á apicultura, senón que é un problema moito máis amplo. "Ten que haber un presuposto específico e deseñar un plan de loita contra a velutina que non dane aos outros polinizadores", afirma Asorey.

Xornada en Trasalba

Tamén dentro dos actos organizados polo Día Mundial das Abellas, AGA está a celebrar entre onte e hoxe un curso para principiantes en Trasalba, no que participan 17 persoas e que inclúe sesións teóricas e formación práctica nun colmear.

Te puede interesar