Aberto o prazo para o Arte de man de Allariz

ARTE DE MAN ALLARIZ 2021
photo_camera Unha das últimas edicións do Arte de man de Allariz no casco antigo da vila.
O Concello de Allariz, a través da área de Promoción económica, abrirá mañá venres, día 15 de xullo; o prazo para que os interesados -artesáns con producción propia e artesanal- poidan inscribirse nesta iniciativa no enderezo www.allariz.gal/artedeman. 

O mercado de artesanía Arte de man, un evento que pretende promover e achegar o traballo e a venda directa dos artesáns locais así como doutros profesionais galegos convidados á cidadanía da vila, volverá a Allariz o vindeiro 11 de setembro. 

O Concello de Allariz, a través da área de Promoción económica, abrirá mañá venres, día 15 de xullo; o prazo para que os interesados -artesáns con producción propia e artesanal- poidan inscribirse nesta iniciativa no enderezo www.allariz.gal/artedeman. 

O periodo de inscrición prolongarase ata o vindeiro 5 de agosto e serán as persoas organizadoras do evento as encargadas de seleccionar aos participantes “segundo a calidade e singularidade do produto, a diversidade da oferta e oficios” dando “prioridade” á mostra do oficio en vivo durante a feira.

Para obter máis información pódese remitir un correo a [email protected] ou contactar co 988 442 210.

Te puede interesar