Adolfo Fernández: “Conseguimos en dez anos que Armea volva ser dos alaricanos”

Adolfo Fernández, director científico.
photo_camera Adolfo Fernández, director científico.
Adolfo Fernández (Xunqueira de Ambía, 20 febrero 1979) é o coordinador dos traballos en Armea dende hai unha década. Do que máis orgulloso se sinte é de que o seu equipo, coa colaboración institucional, foi quen de convertir Armea nun xacemento musealizado e accesible. Estímase que, anualmente, poden pasar por este lugar preto dunhas  10.000 persoas. 
 

Ao longo destes anos, cales foron os achados máis relevantes? 
A nivel coñecemento. Centrámonos en definir qué era a Cibdá de Armea. Non descartamos que haxa un castro pequeno nas zonas máis altas -Valvís apuntou á existencia dun castro, de aí o nome popular, e dúas vilas romanas-, pero nós o que estamos excavando é da era romana, non hai Edade do Ferro. É algo que descubrimos e que estamos vendo claramente. Tamén definimos os patróns de asentamento doméstico, porque en Galicia non se coñecía moi ben qué tipos de casas existían na era romana. Nós temos dúas casas completas. 

Que se pode dicir que hai en Armea?

O que nós dicimos agora é que o que temos alí é unha cidade romana. Non podemos dicir que sexa un castro porque non atopamos casas redondas. Queda moito por facer, sobre todo, nas partes altas. Non descartamos que exista un xacemento castrexo prerromano. 

Que elementos materiais apareceron neste tempo? 

A partir das excavacións sacamos traballos en pedra como soleiras, columnas, fustes ou capiteis. O xacemento é incríblemente rico. Tamén cerámicas, vidros, bronces… Todo ten contribuido a incrementar o coñecemento da era romana nesta zona. A nosa idea é publicar unha monografía con todo esto que será “A Cibdá de Armea II. Excavacións na Atalaia 2014-2020”. 

En que liña traballarán agora?

Entramos noutro periodo de dez anos. Pechamos un ciclo e fixemos un estado da cuestión. Co gallo do décimo aniversario queremos reflexionar sobre a onde queremos ir. Nós fixemos excavacións, pero tamén musealización, paneis novos e melloramos a accesibilidade. Hai dez anos a xente do mundo científico coñecía Armea, pero ti non podías ver nada dela. Non existía. Dez anos despois podes visitar un xacemento musealizado. Conseguimos que Armea volva a ser dos alaricanos.

Que obxectivos se marcan a curto prazo?

Mellorar a sinalización e completar a ruta con novos paneis.n

Te puede interesar