política

Francisco García anuncia que deja la alcaldía el 15 de junio

La concejala de Promoción Económica, Cristina Cid, será la primera alcaldesa de la localidad

Visiblemente emocionado y con un semblante que en pocas ocasiones ha dejado ver en público, Francisco García confirmaba ayer su renuncia a seguir portando el bastón de mando del Concello de Allariz. Lo hacía arropado por el núcleo duro de su equipo de gobierno (el resto disculpó su ausencia por motivos laborales) y junto a la que ha sido su mano derecha en estos 18 años y que ahora le tomará el relevo, Cristina Cid. "Eu pensaba que aos 61 anos, un non se emocionaba", dijo el todavía regidor que da un paso atrás para facilitar a los suyos el relevo en la alcaldía y la campaña, a un año de las elecciones. 

No morir "coas botas postas" y la necesidad de lograr un "relevo xeracional" sin luchas ni conflictos internos, han sido las razones esgrimidas por García para justificar su renuncia, marchándose por la puerta grande de un municipio "exemplar e modélico", "unha obra colectiva da que nos sentimos orgullosos", dijo en una intervención donde tuvo palabras de agradecimiento para los vecinos y donde ofreció "todo o apoio e colaboración" a sus compañeros.

Un guante que enseguida tomó Cid Fernández, primera mujer en liderar la alcaldía local, quien tuvo palabras de cariño y agradecimiento a un regidor, amigo y compañero "capaz de soñar esperto" que, "coa súa xestión levou ao Concello a uns niveis de actividade, infraestruturas e de servizos como non podíamos ter soñado ao inicio da revolta do 89", aquella que permitió al BNG dar el salto a la alcaldía. La todavía teniente de alcalde y edil de Promoción Económica se enfrenta a este nuevo reto con el apoyo unánime del grupo de gobierno, del Consello y de la asamblea local del BNG.

A partir del 15 de junio, fecha prevista para el pleno donde dará cuenta de su renuncia, para encontrar a García habrá que acudir a otro concello ourensano, el de A Mezquita, donde tiene plaza como secretario-interventor.


Francisco García Suárez : "Allariz é o indicativo do valor que ten a política"


Renuncias á alcaldía, ao acta de concelleiro, tamén á política?

Non. Cada vez a política é máis necesaria, penso que Allariz é indicativo do valor da política e de como a política pode transformar unha realidade. E nese sentido, e esa é unha das razóns deste paso atrás, entendo que o BNG é moi importante como organización e o temos que reforzar en Allariz. Temos que facer un traballo social e de base. O nacionalismo é máis necesario ca nunca para Galiza e para poder estar presente neste escenario estatal, onde reivindicar as nosas necesidades.

Vese en Santiago ou en Madrid?

A miña aspiración política está colmada. Eu tiven unha etapa na que puiden optar por outros ámbitos, pero decanteime por a alcaldía de Allariz. A min sempre me motiva traballar na política para mellorar a realizade e atender as causas  máis xustas, o seguirei facendo pero sen cargos. 

No pobo xa empezaban a facer quinielas cos sucesores.

Temos a sorte de ter un equipo onde podemos poñer por riba da mesa os pros e as contras, as virtudes e os defectos de cada unha das persoas para ver cal podería cumprir mellor o papel. Sen dúbida poucos políticos poden mostrar un perfil da política tan evidente de servizo aos veciños como Bernardo Varela. Ao mesmo tempo, Cristina Cid é unha persoa con experiencia e coñecemento da actividade municipal. E, a maiores, cunha capacidade de liderado interno, de planificación estratéxica, que ás veces por ser muller non é xustamente tratada. Por iso é un orgullo que o BNG poña a unha alcaldesa ao fronte dun concello relevante.

Ten algunha espiña cravada?

A espiña é ver que ese mundo rural no que eu nacín e no que coñecín as súas tradicións, hoxe é un fantasma. Non teño ningunha dubida que Allariz vila vai ter un desenvolvemento similar ao que viñemos realizando ao longo destes anos, pero no medio rural nos próximos dez anos  vamos a ter núcleos con moi poucos residentes ou abandonados. Aínda que vemos con satisfacción que esa política que impulsamos fai seis ou sete anos, que parecían gotas de auga, hoxe xa son unha realidade que creemos que pode incidir nesa transformación do rural.

O Festival de Xardíns foi a súa nena bonita?

Ten sido unha aposta, pero o festival recolle moita da filosofía e da esencia que ten Allariz. É un motor económico importante, un bo escaparate e un orgullo dun concello que, con poucos medios e a vocación dos seus traballadores, é capaz de poñelo en marcha.

Te puede interesar