Allariz abre faladoiros de galego para aprender e mellorar o uso do idioma

Haberá grupos de adultos e de menores de 18 anos

Co obxectivo de que as persoas interesadas poidan aprender ou mellorar o seu uso do galego, ou simplemente para falar, a Casa da Mocidade de Allariz acollerá dende este xoves faladoiros de galego abertos a todo o público. 

Tal e como anunciaron dende o Concello de Allariz, haberá dous grupos diferentes: Un para maiores de 18 anos, que se xuntará todos os xoves, entre as 19,00 horas e as 20,00 horas; e outro para menores de idade, que se poderán xuntar en Allariz entre as 20,00 horas e as 21,00 horas, todos os venres. 

Dende a Casa da Mocidade quixeron facer unha invitación especial á participación nesta iniciativa de aquelas persoas que procedan dunha comunidade na que non se fala o idioma ou que teñen o galego “oxidado”, para pasar un momento divertido e aprender a lingua sen medo. 

As inscricións -e tamén para poder obter máis información- poden realizarse xa na Casa da Mocidade ou enviando un correo electrónico a [email protected]

Te puede interesar