ALLARIZ

Allariz abre o Mercado do Libro o día 6 de xullo

Cristina Cid e César Lorenzo, durante a presencación do Mercado do Libro.
photo_camera Cristina Cid e César Lorenzo, durante a presencación do Mercado do Libro.

Por terceriro ano consecutivo, a Alameda alaricana acollerá os stands

A vila do Arnoia celebrará o vindeiro día 6 de xullo a terceira edición do Mercado do Libro, no que se darán cita numerosas librerías que lles ofrecerán a veciños e visitantes a posibilidade de mercar exemplares tanto novos coma vellos. A iniciativa está desenvolvida pola área de Promoción Económica do Concello en colaboración coa editorial Aira das Letras e o espazo coworking BenComún. Así o anunciaron os respectivos representantes de ámbalas dúas entidades, Cristina Cid e César Lorenzo.

Por terceiro ano consecutivo, a Alameda servirá de escenario para os amantes da literatura, que terán á súa disposición productos chegados dunha ducia de librerías especializadas nos xéneros de cómic, banda deseñada, ilustración, poesía e literatura infantil e xuvenil. Ademais de ofrecer as últimas novidades editoriais, os visitantes terán tamén a oportunidade de adquirir volumes de segunda man de títulos antigos ou mesmo xa descatalogados.

O Mercado do Libro permanecerá aberto durante toda a xornada do sábado, día 6 de xullo, en horario ininterrumpido de 10,30  da mañá a 20,00 horas da tarde. Para animar a iniciativa, os responsables da organización ofrecerán tamén actividades de entretemento dirixidas a grandes e pequenos. Para os primeiros prevense varias presentacións de libros, mentres que os cativos contarán coa presenza de contacontos a cargo de Moc Moc a partir das 12,30 horas. 

Te puede interesar