PROVINCIA

Allariz abrirá o Festival de Xardíns o 17 de maio

jardines_result
photo_camera Unha das propostas creativas que participaron na edición do ano pasado.

Mostrará ao público dez propostas, elexidas ente as 43 que se presentaron

A sexta edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz abrirá ao público o día 17 de maio. En total presentaranse ao público dez propostas artísticas, que foron elexidas entre as 43 que se presentaron, procedentes de todo o mundo. Segundo sinala o Concello de Allariz, promotor desta singular iniciativa, "ademáis de ver, oler e sentir estas obras de arte verde, os visitantes que pasen polo recinto nos seis meses que permanece aberto poderán tamén escoitalas, pois a Música no Xardín é o tema central" desta edición.

Compoñen a participación no festival os seguintes propostas: Soundwave (Austria), A la imagine de Allariz (Paraguay), Recolectando notas (Zamora), Big bamboom (Francia), Armonie interiori (Italia), Musicalidad de bambú (Barcelona), Sinestesia (Madrid), Cantos de Sirenas (A Coruña), Sound Tree (Portugal) e Sinfonía vegetal (Barcelona).

A estas dez propostas engadirase o xardín que cada ano realizan os escolares alaricanos e o gañador da edición de 2014, In-House, de Korea.

Este ano o xurado do Festival, que está presidido polo paisaxista portugués Francisco Caldeira Cabral, e no que colabora a Asociación Española de Paisaxistas, valorou a harmonía entre criterios estéticos e técnicos, a creatividade e a innovación, así como aspectos relacionados coa execución dos xardíns.

Te puede interesar