Allariz adianta o Día das Letras coa Festa do Libro

As primeiras actividades desenvólvense na sede da Fundación Vicente Risco

A Fundación Vicente Risco de Allariz tira da literatura para festexar do Día das Letras Galegas e onte inaugurou, na súa sede da rúa San Lorenzo de Allariz, a primeira edición da "Festa do Libro Galego". Centos de títulos de autores galegos, pero tamén traducións de obras senlleiras se poderán adquirir dende hoxe e ata o vindeiro 18 de maio con prezos moi competitivos "dende un euro os libros descatalogados ata descontos do 10% nas últimas novidades literarias", explicaba Carlos Airas da Aira das Letras, que colabora coa fundación na organización do evento.

Como colofón a xornada de apertura da feria, que estará aberta de os fins de semana de 11,00 a 14,00 e de 18,00 a 21,00 (de luns a venres so en horario de tarde), a Fundación Vicente Risco contou coa presencia do escritor Xaime Subiela quen presentou o seu libro "Para que nos sirve Galiza?" e moderou o posterior debate que se desenvolveu nos baixos da casa-museo.

Poesía e chatarra

A fundación alaricana xa comenzou a semana pasada os actos conmemorativos das Letras Galegas e reserva para a semana que ven os actos centrais, con novas presentacións literarias, festas musicais, cine ou teatro. Namentres, hoxe á tarde a partir das 20,30 horas, a sede da Fundación alaricana acollerá a inauguración da exposición "Cousas que pasan. Poesía e chatarra", de Fernando Ferro e Carlos Gonçalves.

Na xornada dominical os actos trasladaranse á praza de abastos, espazo no que, a partir das 12,30 horas, terá lugar a celebración do primeiro concurso de quebracabezas en galego, no que tamén colabora o Concello de Allariz. Esta concurso terá plazas limitadas e os gañadores recibirán un lote de libros en galego e una cámara lomográfica konstructor.

Te puede interesar