Allariz contribuirá a reforzar o uso do galego

undefined
photo_camera Rosendo Fernández, Olga Quintana, Cristina Cid e Marcos Maceira.
Durante a xornada haberá diversas actividades -de tipo lúdico, como obradoiros, e tamén informativo, con especialistas na materia como pedagodos ou mestres- que se desenvolverán no Albergue de Salesianos e tamén na Praza do Concello. 

O concello de Allariz será a sede da primeira edición da xornada “Medrar en galego”, unha iniciativa -respaldada polo Concello, a Mesa pola Normalización Lingüística e a Deputación de Ourense- coa que se pretende conmemorar, o vindeiro 25 de febreiro, o Día Internacional da Lingua Propia. 

Durante a xornada haberá diversas actividades -de tipo lúdico, como obradoiros, e tamén informativo, con especialistas na materia como pedagodos ou mestres- que se desenvolverán no Albergue de Salesianos e tamén na Praza do Concello. 

A presentación desta iniciativa realizouse este mércores no Concello de Allariz de man do presidente da Mesa, Marcos Maceira; o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; Olga Quintana, concelleira de Ensino e Normalización Lingüística, e Cristina Cid, Alcaldesa de Allariz. Maceira salientou que “a conciencia da importancia da crianza para reverter a situación do galego aumenta, a pesar dun contexto social onde a exclusión do noso idioma permanece en diversos eidos”

Te puede interesar