CELEBRACIÓN

Allariz inaugura este sábado unha escultura dedicada ó boi

O autor desta obra é o artista alaricano Emilio García Valenciano

Allariz segue adiante cos preparativos da Festa do Boi. As iniciativas previas conteñen actividades de todo tipo, mesmo a inauguración de novos elementos distintivos da vila. Segundo informou onte o concello alaricano o Paseo da Alameda vai a incorporar unha nova imaxe. Por unha parte contará cunha nova imaxe renovada no seu acceso, pero tamén formará parte la estética do lugar un novo elemento decorativo. Trátase dunha escultura que se inaugurará este sábado 3 de xuño  e que está dedicada o boi. O autor desta obra é o artista alaricano Emilio García Valenciano.

A inauguración está organizada polo Concello e tamén apoiada pola Asociación Xan de Arzúa e a Fundación Vicente Risco. Terá lugar ás 19:30 e contará co acompañamento musical do grupo Ensemble Hotteterre e os músicos alaricanos Andrés González e Abraham Herreros.

A programación das festas, que este ano terán lugar entre os día 10 e 18 de xuño corre a cargo da Asociación Cultural Xan de Arzúa. Este ano cumpre ademáis 700 anos esta histórica celebración. O Concello deu a coñecer en abril a programación de actividades e está previsto un amplo catálogo de actividades que comprenden carreiras do boi, representacións teatrais, encontros populares, actividades para nenos e moita máis música centran o programa deste ano especial que comezará o 10 de xuño coa tradicional Baixada dos Bois dende Penamá.

A festa conta cun orzamento de 93.000euros, sufragado polas achegas dos veciños, comerciantes e hostaleiros. 

Te puede interesar