FORMACIÓN

Allariz organiza desde hoxe as XIII Xornadas para a Igualdade

Mañá, ás 18,00 horas, está previsto un obradoiro de autocoñecemento corporal, que dirixirá Berta Vega Villaamil, pedagoga e sexóloga

O Fogar dos Maiores de Allariz acollerá esta tarde a inauguración das XIII Xornadas para a Igualdade, que promove o Concello e que se prolongarán ata o 24 de marzo. O obxectivo destas xornadas é impulsar "un encontro entre homes e mulleres coa fin de fomentar a igualdade, o respecto e a prevención da violencia de xénero".

A inauguración será hoxe, ás 19,00 horas, co visionamento do documentario que da título ás Xornadas, "Reaprendendo a atoparnos". De seguido terá lugar unha charla coloquio titulada "Por un mundo mellor: a educación dos novos homes e das novas mulleres", na que será ponente  Chris Oliveira, catedrátiva de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda, de Vigo.

Mañá, ás 18,00 horas, está previsto un obradoiro de autocoñecemento corporal, que dirixirá Berta Vega Villaamil, pedagoga e sexóloga.

A seguinte actividade será o día 14, ás 19,30 horas, tamén no Fogar dos Maiores, coa charla coloquio "Encontro dos sexos", a cargo de Efigenio Amezúa. O día 16, ás 20,00 horas, haberá unha visita guiada de literatura, na librería Aira das Letras, e o día 17, ás 16,00 horas, un obradoiro de calceta no local social de Outeiro de Orraca. Os días 22 e 23 volverán as actividades ó fogar dos Maiores, cunha charla coloquio e un faladoiro, e o día 24, a partir das 21,30 horas, haberá unha verbena de clausura na Vinoteca A Micalla.

Te puede interesar