Allariz renovará 1.000 puntos de luz en 45 días

IMG_7808_resultado
photo_camera O Concello, IDAE e Deputación investirán unha partida de 372.000 euros. (Foto: P.Palomanes)
O Concello, IDAE e Deputación investirán unha partida de 372.000 euros

Mellorar a eficiencia enerxética e reducir nun 50 por cento o gasto público neste senso é o que procura o Concello de Allariz que acaba de iniciar unha nova fase -a segunda- de cambio de luminarias por luces de tipo Led grazas a una subvención do Instituto para la Diversificación y el Ahorro Energético e da Deputación de Ourense. 

En total, e durante os vindeiros 45 días, renovaranse 1.000 puntos de luz -en favor da tecnoloxía Led- e de 21 cadros por medio dun importante investimento de máis de 372.000 euros. 

A rexedora alaricana, Cristina Cid, e a edil responsable de Infraestruturas deportivas e Alumeado público, Elena Suárez, achegáronse ata a praza ubicada na subida de Emilia Pardo Bazán -fronte ao instituto-, onde este mércores os técnicos responsables avanzaron nos traballos de substitución. 

Cristina Cid puntualizou que, dentro da primeira fase, xa se completou a intervención no pobo de San Vitoiro, e a segunda continuará por varias rúas de Allariz -a excepción do casco histórico- e de núcleos rurais como Gundiás, ou Nanín. "Foron incluidos nesta fase por unha prioridade vencellada ao consumo, é dicir, escolléronse os lugares nos que había un maior consumo", precisou a rexedora nacionalista. "Continuaremos posteriormente e xa con recursos propios con este cambio a Led. Habería cinco núcleos máis nesa fase", engadiu Cristina Cid na mañá deste mércores. 

Te puede interesar