ALLARIZ

Allariz suma 400 familias con composteiros individuais

20190723193925237_result
photo_camera Dous dos veciños que recibiron un composteiro para a súa horta.
Os veciños que precisen información e desexen solicitar un composteiro individual poden solicitalo poñéndose en contacto coa área de medio ambiente do Concello de Allariz

Máis de 400 vivendas alaricanas contan na actualidade cun composteiro individual para separar a materia orgánica e realizar un correcto aproveitamento dos recursos. Esta cifra acádase tralo reparto de 50 novos contenedores que dende agora estarán operativos noutras tantas hortas do municipio. A instalación destes novos composteiros é posible gracias á colaboración entre o Concello de Allariz e a asociación ecoloxista Adega a través do programa RE. 

Para os responsables municipais a campaña ten sido un éxito porque "cada días son máis as vivendas que fan uso dos composteiros individuais nas súas hortas", o que supón un aumento na recollida de lixo e separación da materia orgánica. Son os técnicos municipais, en colaboración con Adega, os encargados de realizar a distribución dos exemplares, así como a súa instalación. Ademais, ofrecen formación ás familias que así o soliciten para explicarlles o funcionamento, características e vantaxes destes aparellos. A finalidade da iniciativa é que os interesados en contar cun composteiro na súa horta poidan tratar mediante compostaxe os residuos orgánicos domésticos ou ben os restos vexetais da horta ou xardín. 

Os veciños que precisen información e desexen solicitar un composteiro individual poden solicitalo poñéndose en contacto coa área de medio ambiente do Concello de Allariz a través do teléfono 988 440 001. O programa RE continuará realizando campañas de sensibilización para familiarizar ós veciños coa compostaxe.

Te puede interesar