Antonio Estévez, a aposta do PSOE en Paderne de Allariz

Antonio Estévez candidato PSOE Paderne de Allariz (1)
photo_camera Antonio Estévez candidato do PSOE á alcaldía de Paderne de Allariz.
Explica que o principal obxectivo que se marca, logo de asumir este reto, “é abrir o Concello á veciñanza para darlle voz e que poida expresar todas as súas suxestións, reclamacións e peticións, sendo partícipe do día a día da vida municipal”.

A carreira para as vindeiras eleccións municipais de maio xa comezou na provincia e os distintos partidos inician a presentación oficial dos seus candidatos. Antonio Estévez Blanco “Toño” será a proposta socialista para a alcaldía de Paderne de Allariz. Trátase, segundo aseguran no PSOE, dunha persoa “moi implicada xa na defensa do municipio” e que leva anos “traballando a diario” a carón da veciñanza a través de diferentes asociacións que loitan por que Paderne conte cuns servizos “dignos” e “eficientes”.

O candidato socialista á alcaldía de Paderne é natural de Cantoña. Explica que o principal obxectivo que se marca, logo de asumir este reto, “é abrir o Concello á veciñanza para darlle voz e que poida expresar todas as súas suxestións, reclamacións e peticións, sendo partícipe do día a día da vida municipal”. Neste senso, o candidato aposta por unha política de “saída ás rúas” e que “abandone os despachos” co obxectivo último de estar “ao carón da xente, escoitala e visitala con frecuencia para poder resolver todos os problemas que xorden no día a día”.

Por último, Estévez Blanco sinala que a súa intención “é poder dar un cambio ao concello, xestionándoo de forma distinta e optando por políticas en beneficio da veciñanza”. O socialista suxire que en Paderne de Allariz “temos que traballar por tratar de atraer poboación, por construír unha residencia de maiores e por buscar investimentos na procura duns mellores servizos e do benestar dos nosos veciños”.

Te puede interesar