MAIOS

Benvida ó mes de maio entre creacións e coplas

Maios allariz
photo_camera Os elementos populares tiveron o seu espazo (ÓSCAR PINAL).

Grandes e pequenos celebraron en Allariz a tradicional festa da primavera

Amenceu tan bo día en Allariz que ninguén quixo perderse a festa máis agardada da primavera, esa coa que a provincia lle dá a benvida ó mes de maio e, habitualmente, tamén ó bo tempo. O Campo da Barreira preparouse para recibir ós centos de persoas que acudiron a contemplar as esculturas feitas polos alumnos alaricanos. Como manda a tradición, a cor verde presidiu as figuras, que coas súas formas rememoraban elementos clásicos da cultura galega e coa súa construcción remitían á idiosincrasia da natureza alaricana. Fentos, carrabouxos, flores... Calquera elemento é válido cando se trata de facer un maio.Maios allariz

A música do Centro Sociocomunitario de Xinzo de Limia anunciou a entrada dos participantes, que acudían, papel en man, dispostos a cantar o seu particular saúdo. Comezaron os estudantes de 1º da ESO lembrando á "liberdade de expresión, esa pobre magoada", mentres os seus compañeiros de 2º se preparaban para pronunciar os seus versos.

Foi a dos representantes do Centro de Día unha das coplas máis aplaudidas polos asistentes. As primeiras liñas xa anunciaban o que ía ser: "un repaso ó goberno". E non defraudaron. "Cando están na oposición, todos saben os cambios que necesita España, pero cando chegan á Moncloa, non fan nada", continuaba entre as risas cómplices do público e algúns aplausos Maios allarizespontáneos. Para os usuarios deste servizo, "hai que cambiar tres cousas": retirar os políticos que sobran, baixar as pagas abusivas e subir as que non dan para chegar a fin de mes e que cada español contribúa co que ten.

Continuaron os máis pequenos falando da natureza, do sol e da proximidade das vacacións escolares. Un por un foron pasando os grupos para, finalmente, pechar o acto recollendo as subvencións de entre 30 e 50 euros que lles outorga o Concello de Allariz a cada grupo co obxectivo de contribuír nos gastos xerados pola construcción das esculturas. Maio voltará o ano que vén e, con el, figuras e coplas para recibilo.

Te puede interesar