A biblioteca de Allariz reabre logo das melloras

Tanto na propia biblioteca como na zona de entrada da Casa da Cultura, o chan foi substituído por un novo, e aproveitouse a intervención feita en Allariz para adecuar a accesibilidade a estas instalacións

A biblioteca municipal de Allariz xa está aberta ao público logo das últimas melloras levadas a cabo nas instalacións. Entre outras melloras, ampliáronse os estantes para poder ofertar máis exemplares aos usuarios, fíxose máis grande a zona infantil e, nos vindeiros días, introduciranse novos portátiles para mellorar o servizo de consultas na rede. 

Por outra banda, cambiáronse as mesas de estudio -substituíndo as anteriores por unhas novas- e remodelouse a zona de atención ao público. 

Tanto na propia biblioteca como na zona de entrada da Casa da Cultura, o chan foi substituído por un novo, e aproveitouse a intervención feita en Allariz para adecuar a accesibilidade a estas instalacións -na entrada e no interior do espazo bibliotecario- introducindo varias ramplas de acceso. 

Por último, a zona de lectura de prensa e revistas pasou a localizarse logo desta intervención na entrada da Casa da Cultura, habilitando para tal fin un espazo con sofás e mobiliario.

Logo dun periodo de limpeza e abordaxe dos últimos detalles, as instalacións e o servizo de préstamo de libros volven a estar operativos para estudantes, lectores e veciños.

A obra realizada foi cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e o Concello de Allariz.

Te puede interesar