Allariz

A biblioteca municipal de Allariz muda o seu horario coa chegada do verán

Allariz

VERÁN

A biblioteca municipal de Allariz muda o seu horario coa chegada do verán

O novo horario é de luns a venres e de 09,00 a 14,00 horas

A biblioteca municipal de Allariz adaptará o seu horario á chegada do verán e ó inicio das vacacións estivais dos máis pequenos. Por iso, a partir de mañá, luns, o centro bibliográfico permanecerá aberto só en horario de mañá. Esta medida prolongarase ata o 13 de setembro e os interesados en empregar os servizos da biblioteca pública poderán facelo de luns a venres e de 09,00 a 14,00 horas. 

Non será o único espazo municipal que se verá afectado pola chegada do verán, aínda que neste caso será só de xeito puntual. Así, os museos do xoguete, do coiro e da moda permanecerán pechados durante a fin de semana da Festa do Boi, retomando o seu horario habitual a partir do vindeiro luns, día 24.

Más en Allariz