POLÍTICA LOCAL

O BNG intentará acordos para o futuro en Molgas

Os presupostos de 2017 quedan aprobados inicialmente e procederase a súa publicación no boletín Oficial da Provincia

O goberno municipal do BNG en Baños de Molgas está disposto a intentar acordos para darlle estabilidade á xestión, "pero sempre en base á realidade do Concello", afirmaba onte o alcalde, Xaime Iglesias, tras comprobar como a oposición non era capaz de presentarlle unha moción de censura logo de perder a moción de confianza que plantexou ligada á aprobación dos presupostos. Deste xeito, os presupostos de 2017 quedan aprobados inicialmente e procederase a súa publicación no boletín Oficial da Provincia.

Iglesias é consciente de que con tres concelleiros dos nova da Corporación -o PSOE ten dous e o PP catro-  "a estabilidade é moi complicada e a moción  de censura sempre é posible, agás no último ano, pero calquer acordo ten que ser en base á realidade do Concello e non vamos aceptar propostas que so persigan gastar cartos para conseguir votos".

Te puede interesar