RECICLAXE

Os Bolechas chegan a Allariz para animar ós nenos a reciclar

A carpa estará instalada na zona da estación de autobuses.
photo_camera A carpa estará instalada na zona da estación de autobuses.

O obxectivo da campaña é que os pequenos tomen conciencia da importancia de reciclar mentres se divirten cos xogos interactivos instalados no interior da carpa

Os Bolechas chegan a Allariz para animar ós máis pequenos e ás súas familias a adoptar hábitos de reciclaxe na súa vida diaria. Con este fin, os famosos personaxes animados instalaron na zona da estación de autobuses unha carpa inchable na que monitores especializados informarán a tódalas persoas que se acheguen a ela sobre a reciclaxe dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos. Alí pemanecerán durante toda a xornada do xoves e o venres en horario de 16 a 22 horas. 

O obxectivo da campaña é que os pequenos tomen conciencia da importancia de reciclar mentres se divirten cos xogos interactivos instalados no interior da carpa, así como vídeos informativos ou bicicletas, que se empregarán como soporte publicitario. A campaña, impulsada pola Consellería de Medio Ambiente, chega a Allariz tras percorrer varias localidades galegas e nace coa misión de fomentar o coñecemento sobre as prácticas de consumo actuais e a súa incidencia no entorno para poder facer unha mellor xestión dos residuos eléctricos e electrónicos.

Te puede interesar