“Os camiños de Nós polo mundo” chegan a Allariz

Historiadores, arqueólogos e investigadores reflexionarán, a través de ponencias e coloquios, sobre “a importancia das viaxes da intelectualidade galega"

Organizada polo Consello da Cultura Galega, a Fundación Vicente Risco e o Concello de Allariz, a xornada “Os camiños de Nós polo mundo” chegará á vila alaricana o día 17 de setembro a partir das 10,15 horas. 

Historiadores, arqueólogos e investigadores reflexionarán, a través de ponencias e coloquios, sobre “a importancia das viaxes da intelectualidade galega como forma de intercambio de coñecemento e de interaccionar coas culturas do mundo en pé de igualdade, como un exemplo de futuro, de estímulo para a procura de todos os camiños que aínda fican por percorrer”.  

A iniciativa desenvolverase na propia sede da Fundación Vicente Risco en Allariz e será necesario realizar previamente a inscrición -de xeito totalmente gratuito-, xa que as prazas serán limitadas.

Te puede interesar