ALLARIZ

O casco histórico acollerá hoxe o roteiro “Ponme un poema"

A Fundación Vicente Risco organiza hoxe sábado, ás 20,00 horas, o segundo roteiro poético pola vila de Allariz "Ponme un poema".

A Fundación Vicente Risco organiza hoxe sábado, ás 20,00 horas, o segundo roteiro poético pola vila de Allariz "Ponme un poema". Este ano a ruta estará centrada no erotismo e contará coa participación dos poetas Verónica Martínez Delgado e Alberte Momán, gañadores das últimas edicións do certame de poesía erótica de Sisargas coa obra conxunta titulada "O episodio".

A iniciativa aberta a toda a poboación propón un recital poético dividido en pequenas paradas nos locais colaboradores (A Despensa do Allariz, Petiscos, Amares e Fina Rei) que ofertarán unha combinación de tapa ou sobremesa e bebida, elaborada arredor da súa propia interpretación gastronómica do concepto de erotismo. Ao rematar, Silvia Penas e Jesús Andrés ofrecerán o espectáculo poético-musical "Cinta Adhesiva", nos xardíns da casa-museo de Vicente Risco. n
 

Te puede interesar