O CIM de Maceda ofrece un curso para comerciais

A formación será gratuíta e desenvolverase no local multiusos a partir do vindeiro día 7 de abril

O Centro de Información á Muller de Maceda vén de abrir o prazo oficial para que as persoas interesadas en adquirir habilidades comerciais e perfeccionar as súas técnicas para a venda poidan participar, tal e como comunicaron recentemente dende a área de Servizos Sociais do Concello de Maceda, nesta formación que combinará clases presenciais e tamén telemáticas -haberá posibilidade de facer prácticas-. Comenzará o vindeiro día 7 de abril e constará de 60 horas lectivas. Desenvolverase, do mesmo xeito, no local multiusos do Concello de Maceda de luns a venres de 09,30 horas a 13,30 horas. 

Para poder solicitar máis información para esta formación que será gratuita -aínda que con aforo limitado- e formalizar as correspondentes inscricións será necesario contactar co propio Centro de Información á Muller de Maceda chamando ao teléfono 988 46 35 54.

Te puede interesar