AUDIOVISUAL

A competición oficial do Festival RiR proxectará 42 cortos en Allariz

Os participantes poderán visionar o palmarés do último Galician Freaky Film Festival de Vigo, festival amigo no 2020

O Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia (RiR) conta cun total de 42 curtametraxes, 32 de ficción e 10 de animación, na competición da terceira edición prevista do 2 ao 6 se setembro na vila de Allariz. 

O director e actor Nani Matos e as actrices Melania Cruz e Salomé Jiménez conforman o xurado desta edición que, como "Festival amigo convidado", elixiu a Galician Freaky Film Festival (GFFF) de Vigo, que amosará o seu último palmarés e contará coa presentación de Óscar Suárez, o programador do festival arraigado na veciña pontevedra.

Dende a organización confirman que, o premio "RiR Contigo 2020" será para o humorista gráfico Luis Dávila. O pontevedrés criado en Bueu, recollerá o seu premio o vindeiro 5 de setembro durante a gala de clausura do festival, que volverá a estar conducida polo dúo cómico Caldas e Mancho.

Homenaxe a Harold Lloyd

Como actividade de peche do "Festival RiR" deste ano, o domingo día 6 de setembro a partires das 20,00 horas, o grupo Caspervek fará as delicias dos asistentes musicando en directo o filme "O home mosca" de Harold Lloyd", quen será a figura homenaxeada desta terceira edición.

Te puede interesar