O Concello limpa a pintada partidista do muro do instituto

A pintada, tapada cunha lona, decía 'Vota BNG, Non pases por menos'.
Os operarios municipais procedían estes días a limpeza da pintada nacionalista que, dende fai anos, presidía unha das fachadas do muro do Insituto de Allariz baixo o lema 'Vota BNG, Non pases por menos'. Os representantes do grupo municipal do Partido Popular amosaron a súa satisfacción, xa que levaban moito tempo reclamando en pleno a limpeza do muro por considerala inadecuada e máis tendo en conta unha ordenanza municipal que as prohíbe.
O alcalde alaricano, Francisco García, subliñou que se trataba dunha de cando non había outras formas de expresión. 'Hoxe temos outras posibilidades de expresión sin que afecte á conservación do patrimonio', subliñaba García.

Te puede interesar