Convivencia en Allariz para acadar a igualdade

Bernardo Varela e Beatriz Pérez durante a presentación das Xornadas en Allariz
photo_camera Bernardo Varela e Beatriz Pérez durante a presentación das Xornadas en Allariz
Ata o 31 de marzo haberá obradoiros, faladoiros e actividades para o alumnado tanto do CEIP Padre Feijóo como do IES de Allariz. Asimesmo, non faltarán as exposicións ou a música, e tamén haberá varios roteiros. 

O Concello de Allariz continuará apostando, un ano máis, pola convivencia entre as persoas para acadar a igualdade real entre homes e mulleres. Así, as súas Xornadas para a Convivencia chegarán este mes de marzo á maioría de idade incluindo un programa con distintas actividades e iniciativas pensadas para homes e mulleres e xóvenes e adultos. 

O tenente de alcalde de Allariz, Bernardo Varela, e a técnica do departamento de Igualdade deste Concello, Beatriz Pérez Fernández, presentaron no Fogar dos maiores a programación prevista para esta nova edición das xornadas e que comezará  o vindeiro martes, día 8 de marzo, coa colocación dunha pancarta na Casa do Concello e a lectura dun manifesto. No acto colaborará a Asociación Silvardeiras e o Instituto de Allariz.

Ata o 31 de marzo haberá obradoiros, faladoiros e actividades para o alumnado tanto do CEIP Padre Feijóo como do IES de Allariz. Asimesmo, non faltarán as exposicións ou a música, e tamén haberá varios roteiros. 

A técnica de Igualdade explicou que “este ano pensamos na importancia de rescatar a memoria, aprender do pasado para construír un presente amable e unha mellor convivencia entre todo o mundo”. 

Pola súa banda, Bernardo Varela resaltaba o compromiso que o Concello de Allariz adquiriu fai anos coa igualdade de xénero e convidaba á cidadanía a participar unha vez máis. 

As persoas interesadas en reservar entradas ou inscribirse nos obradoiros previstos poderán enviar un correo a [email protected] ou chamar ao 988 554 059. Tamén achegarse ao Fogar dos Maiores.

Te puede interesar