Convocado o Vicente Risco de Ciencias Sociais

A Fundación Vicente Risco de Allariz vén de convocar a vixésimo séptima edición do seu Premio de Ciencias Sociais. O obxectivo do mesmo é render homenaxe ao escritor, axudar á consolidación da cultura galega e fortalecer as relacións entre Galicia e Portugal. 

Os traballos, que terán que estar escritos en galego, poderán presentarse ata o 28 de febreiro do vindeiro 2023, e neles deberanse abordar investigacións vencelladas a Galicia ou ao norte de Portugal dende un punto de vista das ciencias sociais -antropoloxía, arqueoloxía, socioloxía, historia, lingüística, xeografía, economía ou turismo, entre outros-. 

Haberá unha extensión máxima para ditos traballos, que deberán ser remitidos en soporte dixital a [email protected]; que será de 300 páxinas. 

O xurado estará integrado por nove membros vencellados ao mundo da cultura e das ciencias sociais, que serán nomeados polos organizadores do premio.

Te puede interesar