Os rapaces do Padre Feijóo e do Instituto participaron na tradicional festa

Coplas satíricas e maios toman as rúas alaricanas

Nenos do Padre Feijoo cun dos maios máis enxebres, o cruceiro. (Foto: XESÚS FARIÑAS)
Os maios elaborados con elementos naturais e as coplas elaboradas polos nenos alaricanos tomaron onte o Campo da Barreira de Allariz. Centos de alumnos de Educación Intantil, Primaria e Secundaria tomaron parte na celebración, que estivo amenizada polo Grupo de Gaitas do Centro Sociocomunitario de Xinzo da Limia e polos integrantes da escola municipal de Danza de Allariz.
Pasadas as once e media da mañá, procedentes dos seus respectivos centros, os alumnos do colexio Padre Feijóo e do Instituto de Allariz achegáronse ao campo da Barreira, onde expuxeron os seus orixinais e floridos maios para o disfrute do resto do alumnado e tamén dos visitantes.

Entre as esculturas, referencias á primavera pero tamén aos elementos máis singurales do patrimonio local como a fonte da Paneira, o cruceiro ou a ponte de Vilanova. 'Aquí en Allariz / imos festexar / e o día dos maios / cantar sen parar', animaban os pequenos, que non se olvidaron, nos seus recitais, de nomear a festa do boi ou as exquisiteces gastronómicas como a leite de Torneiros, as empanadas tradicionais, o queixo do Rexo ou os amendoados. 'A ampliación do cole/faise esperar,/tómamnos o pelo/e temos que calar', reclamaban dende o colexio, onde tiveron unhas verbas de cariño para a sua cociñeira Elisa. 'Despois de tanto anos/ternos que aguantar/a cociñeira Elisa/habémola estrañar' recitaban os nenos.

No Insituto, os rapaces reivindicaban a súa biblioteca ou os 'bocatas' da cafetería. 'Este alumnado / está moi enfadado / con tantos exames / téñenos cansados', bromeaban.


REPARTO DE PREMIOS

A política de 'recortes' de Mariano Rajoy, as fotos 'picantes' do presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo con 'traficantes', os 'sobres' de Bárcenas ou 'as mentiras' que Urdangarin lle dixo á infanta Cristina tampouco se libraron das satíricas coplas que os nenos recitaron onte no Campo da Barreira.

Te puede interesar