Entre outros aspectos, pode beneficiar aos horarios de apertura dos establecementos comerciais
O Pleno da corporación municipal alaricana estudiará hoxe unha proposta da alcaldía para incoar un expediente de declaración de Allariz como "zona de grande afluencia turística", o que, entre outros aspectos, pode beneficiar aos horarios de apertura dos establecementos comerciais. Este é un dos asuntos que se debatirá na sesión plenaria que celebrará esta tarde a Corporación.
Outro dos asuntos que forma parte da orde do día é a convocatoria dunha licitación para vender, mediante poxa, dúas parcelas do parque empresarial de Chorente.
A corporación debatirá seis mocións, unha do BNG, sobre o sistema de concerto para financias os servizos públicos básicos en Galicia, e cinco, do PSdeG-PSOE. A concelleira socialista plantexa mocións sobre o déficit de prazas na escola infantil de Allariz, a mellora da sinalización dos establecementos comerciais e hostaleiros do casco histórico da vila, sobre a mobilidade sustentable alaricana e o restablecemento do servizo de cirurxía pediátrica no completo hospitalario de Ourense. Así mesmo, o PSOE presenta outra moción na que insta a Concello, Deputación, Xunta e Ministerio de Fomento a que se adapta a rede de estradas par evitar a alta sinistralidade á que se ven expostos os ciclistas.