Medioambiente

A Deputación podará as árbores de Pardo Bazán

A continuación, los trabajos se trasladarán al Campo da Barreira. 

As brigadas de zonas verdes do Servizo de Medio Rural da Deputación de Ourense iniciarán hoxe martes, segundo fontes municipais, os traballos de poda das árbores ubicadas na rúa Emilio Pardo Bazán, na vila de Allariz. 

Os traballos comezarán, segundo as mesmas fontes, dende o cruce coa rúa Alfredo Nan e irán avanzando progresivamente sempre que as condicións meteorolóxicas permitan desenvolver estes traballos con normalidade. 

Ao remate dos traballos de poda en Pardo Bazán, as brigadas desprazaranse ata a o entorno do Campo da Barreira para repetir dita acción. 

Esta iniciativa de coidado dos exemplares arbóreos da vila alaricana enmárcase nun convenio de colaboración entre a Deputación de Ourense e o propio Concello de Allariz, que corre con parte dos gastos necesarios para desenvolvela.

Te puede interesar