O Ecoespazo do Rexo elaborará iogures, crema de leite e derivados de leite de vaca

Imagen del Ecoespazo do Rexo.
photo_camera Imagen del Ecoespazo do Rexo

A granxa educativa de O Rexo iniciou o pasado mes de outubro unha nova etapa despois da formalización dun novo equipo de xestión.

Entre as grandes novidades desta tempada, ademáis do acordo de colaboración coa Fundación Ramón González Ferreiro, O Rexo pretende aumentar os artigos derivados do leite a producir na granxa e tamén propiciar a colaboración con outras entidades produtivas presentes no ámbito da Reserva da Biosfera.

Desta forma ao xa tradicional queixo elaborado con leite de ovella, engadirase un queixo fresco, un queixo crema e un iogur realizado co mesmo leite.

Ademáis, gracias o acordo alcanzado con Ecoleia e Petelo, tamén se producirá un iogur de leite de ovella e leite de vaca sobre unha base de crema de castaña.

Te puede interesar