PROVINCIA

Educación inviste 60.000 euros en locais culturais

Os Concellos con axudas da Xunta foron A Veiga, Verín, Vilar de Barrio, Vilamarín, Muíños, Maceda, Carballiño e Lobeira

A delegada territorial de Xunta en Ourense, Marisol Díaz, achegouse no día de onte ata o Concello de Maceda para supervisar as actuacións que a Consellería de Educación e Cultura de Xunta de Galicia levou a cabo ao abeiro das axudas previstas para o equipamento e mellora dos locais de varias corporacións municipais onde se desenrolan actividades de carácter cultural. 

No caso de Maceda, o investimento foi de uns 16.000 euros (dun total de 60.000 en toda a provincia). En Ourense, na pasada convocatoria de axudas da Consellería foron 8 os municipios beneficiados, amais da Mancomunidade Terra de Celanova: Carballiño, Maceda, Muíños, Lobeira, Vilamarín, Vilar de Barrio, A Veiga e Verín. 

Te puede interesar