Elevada participación na Xornada de Santa Mariña

1op3738_result
photo_camera Aspecto que ofrecía o salón de actos do Fogar dos Maiores.

Contou coa presentación de tres ponencias, a cargo doutros tantos especialistas

O salón de actos do Fogar dos Maiores de Allariz registrou ao longo da mañá de onte unha elevada afluencia de persoas, que asistiron ás VII Xornadas de Estudo sobre Santa Mariña de Augas Santas. A actividade estaba promovida pola Asociación de Estudios Santa Mariña e contou coa presentación de tres ponencias, a cargo doutros tantos especialistas.

Na primeira, Xosé Lois Rey Muñiz, membro da Sociedade Galega de Historia Natural,  presentou o tema "Bolboretas de Santa Mariña de Augas Santas". A continuación o investigador Anxo Rodríguez Lemos disertou sobre "A entronización do culto en Galicia de Santa Mariña e súas irmás" e pechou a xornada o profesor David Clao Castro, que falou sobre a arquitectura románica da igresa de Santa Mariña de Augas Santas.

Te puede interesar