A emigración centrará unha mostra fotográfica en Maceda

IMG_20210827_110537
photo_camera Rubén Quintas Rodríguez, alcalde de Maceda; Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; Lucía Santás, directora da oficina de ABANCA en Maceda; e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo.
ABANCA, Afundación e o Concello de Maceda asinaron este venres un convenio de colaboración cultural para materializar dito evento. 

"Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española non século XX” poderá visitarse dende o 8 de setembro ata o  vindeiro 11 de outubro en Maceda. ABANCA, Afundación e o Concello de Maceda asinaron este venres un convenio de colaboración cultural para materializar dito evento. 

A exposición consiste nunha selección de corenta fotografías da emigración, tanto española como galega, procedentes dos arquivos da Axencia EFE. O obxectivo é de tratar de achegar aos visitantes a esa realidade histórica a través dunha síntese fotográfica das migracións mediante a mirada profesional e humana dos fotoperiodistas da época. 

Esta colaboración forma parte do proxecto Corrente cultural, que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo.

Te puede interesar