A Escola Galega de Apicultura organiza un curso de iniciación

A Asociación Galega de Apicultura e, concretamente, a súa escola de formación, con sede na vila alaricana, promoverá a realización dun curso básico de apicultura que se poderá seguir de xeito "online", esencialmente, na súa parte máis teórica. Neste senso, celebrarase unha clase semanal por videoconferencia os sábados entre as 10,00 horas e as 13,00 horas. 

Entre o temario que se tratará nesta formación destaca a iniciación á apicultura, a bioloxía da abella, a reproducción das colmeas e a alimentación, productos das abellas e patoloxías das abellas. A segunda parte, de carácter práctico, levarase a cabo de xeito presencial de cara ao periodo da primavera en Allariz e tamén en Arzúa. 

A formación constará de 75 horas de traballo na súa totalidade e, para solicitar máis información, será preciso contactar no 981508142 ou enviar un email a [email protected]. O periodo de inscrición rematará o 31 de xaneiro e o curso prolongarase entre o 13 de febreiro e o 6 de marzo.

Te puede interesar