política

Espazo Común pide mellorar o programa de acollida de Maceda

O grupo político pide ampliar o programa de acollida do alumnado do colexio público a todos os días laborais non lectivos, así como prestar o servizo das instalacións da propia escola

Espazo Común acaba de rexistrar unha moción para ser debatida no vindeiro pleno en Maceda co obxectivo de, por unha banda, ampliar o programa de acollida do alumnado do colexio público a todos os días laborais non lectivos e, pola outra, prestar o servizo das instalacións da propia escola. Para esta finalidade, solicitaranse á Xunta os espazos necesarios, así como o acondicionamento ou ampliación dos mesmos. 

"O programa de acollida do alumnado do CEIP de Maceda constitúe un servizo básico de axuda á conciliación da crianza e da vida laboral e contribúe, de xeito transversal, á igualdade e ao asentamento da xente moza no noso concello", explicou Ana María Rodríguez, concelleira de Espazo Común. "A existencia de servizos educativos de calidade é unha peza básica para frear, do mesmo xeito, o despoboamento do rural".

Te puede interesar