allariz

As estradas de Paderne comezan as súas obras

As actuacións centraranse en mellorar o firme mediante reposición ou extensión de aglomerados

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciou este mércores as obras de mellora de firmes en catro estradas autonómicas na provincia de Ourense, cun investimento duns 625.000 euros. Unha destas vías é a OU-102 ó seu paso por Paderne de Allariz, onde se realizarán obras destinadas a rehabilitar o firme en puntos localizados mediante solucións baseadas no fresado e reposición ou extensión de aglomerados, segundo as necesidades de cada treito. No mesmo plan de mellora, a Xunta actuará tamén nas estradas OU-103, OU-104 e OU-320, que transcorren polos termos municipais de Maceda, Baños de Molgas, Taboadela e San Cibrao das Viñas. 

Nas dúas últimas, procederase á instalación de captafaros, ademais de traballar na mellora da drenaxe e reposición de sinais horizontais e elementos de balizamento, como acontecerá nas outras vías incluidas no proxecto. As obras de mellora das estradas dispoñen dun prazo de execución de seis meses e serán acometidas pola empresa Extraco Construcións e Proxectos, S.A.

Te puede interesar