Faladoiros e roteiros na programación para a mocidade de Allariz

Todos os martes dende o 29 de xaneiro haberá faladoiros de galego.

A área de Mocidade de Allariz vén de publicar o programa de actividades dende xaneiro a marzo. Incluirá cine, roteiros, e obradoiros e os mozos xa poden inscribirse en [email protected]

As iniciativas arrancarán o día 15 con cine. La ciudad de la selva proxectarase na Casa da Mocidade a partir das 19,00 horas. Tamén este mes, o día 28, terá lugar un roteiro pola Serra de San Mamede. 

Febreiro continuará co sétimo arte mediante a proxección de Black is Beltza II: Ainhoa. Será o día 12, ás 19,00 horas. O mes pecharase na Estación invernal de Leitariegos -do 18 ao 20 de febreiro-. 

En marzo volverán os roteiros. O 11 haberá unha visita ao Teixedal de Casaio. O 25 celebrarase un campionato de xadrez -dende as 18,00 horas- e o día 31 terá lugar un obradoiro de iniciación ao billar. Todos os martes dende o 29 de xaneiro haberá faladoiros de galego.

Te puede interesar