politica

Feijóo e Baltar arroupan aos candidatos da Merca e Allariz

pp allariz
photo_camera Os dirixentes do PP, na súa vista á vila de Allariz este sábado.

O presidente provincial dixo que os políticos "de escoitar o dobre que falar" nas próximas campañas

O presidente do PP galego e o presidente provincial, Manuel Baltar, visitaron este sábado A Merca e Allariz, apoiando coa súa presenza aos candidatos da formación popular que liderarán a lista para ás eleccións municipais de maio en ambos os dous concellos, Manuel Garrido e Luz Doporto, respectivamente. Acompañados tamén por membros das xuntas locais do PP ourensán, os dous presidentes tiveron a ocasión de manter encontros cos militantes, así como facer un percorrido polas rúas para escoitar  e falar cos veciños.

"Sobre todo, escoitar o dobre que falar", subliñou Manuel Baltar, para quen o Partido Popular "ten unha acreditada xestión de goberno que se basea no traballo constante, todos os días do ano haxa ou non eleccións, sen desconectar das inquedanzas e necesidades da veciñanza". Baltar puxo o énfase no decisivo periodo de reflexión que se aveciña, "pois en pouco máis de dous meses tomaremos decisión fundamentais de futuro, que só están representadas no proxecto do Partido Popular".

Na Merca, o presidente pprovincial destacou a continua confianza amosada polos seus habitantes no PP, primeiro con Manuel Velo "estou seguro que así seguirá sendo con Manuel Garrido e a súa acreditada xestión de goberno". Na Merca, Alberto Núñez e Manuel Baltar arrouparon a José Manuel Garrido Sampedro (A Merca, 1957), que agradeceu a presenza dos dous presidentes, destacando a aposta que está a facer o concello para crear emprego co desenvolvemento da actual área industrial. Unha superficie de máis de 200.000 metros cadrados "situada nun lugar estratéxico polas conexións coa autovía de Celanova e o futuro enlace co polígono de San Cibrao, que pretendemos consolidar como parque empresarial". En Allariz, Manuel Baltar foi rotundo ao afirmar que "é posible conseguir que a nosa formación sexa a máis votada, como xa demostramos nas xerais de 2015 e 2016 e nas autonómicas deste último ano".

Na visita a Allariz e A Merca o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, referiuse, en parte do seu discurso, a situación política española. Fixo fincapé na importancia de distinguir o voto útil do que non o é, polo que apuntou que quen queira que goberne Pedro Sánchez pode votar a calquera, pero "quen queira que non goberne e haxa un goberno alternativo, só ten unha vía segura: o Partido Popular". Por iso, salientou que para que Galicia se teña en consideración "só están as siglas do Partido Popular e un candidato, Pablo Casado".

Te puede interesar