O persoaxe do Entroido de Maceda reivindicou xa o seu protagonismo dando paso as actividades dos días grandes, onde tampouco falta a música
Maceda respira Entroido polos catro costados. O bo tempo deste sábado supuxo o pulo necesario para darlle un carácter aínda máis festivo a esta celebración. Os felos foron quen de despertar toda clase de respectos e simpatías, mesmo envexas pola lucidez da súa indumentaria e polo respeto que deixa ao seu paso. Os felos, reis do Entroido macedao, foron os protagonistas no día de onte, cunha presencia importante tamén dos rapaces, cada vez máis entregados e concienciados na preservación das tradicións desta festa tan ancestral.
Dende as 9,30 da mañán prodúxose o percorrido polos pobos do Concello partindo do antigo matadoiro. Xa, á caída da tardiña, al festa introduxo novos persoeiros complementarios para darlle aínda máis caracter. Ás 20 horas saía a morena dende o Parque do Toural. E, por suposto, non faltou a música, que estaba amenizada polas charangas ACB e Ardores.
Pero, a festa non fixo máis que empezar. Hoxe domingo o programa contempla o habitual percorrido dos felos polos pobos do Concello de Maceda. Hai que madrugar pese a ser festivo porque o percorrido arranca a partir das 9,30 dende o antigo matadoiro.
E para programar os días vindeiros, o luns estará dedicado ós máis cativos e o martes chega o día grande do Entroido.