La Región

ALLARIZ

O Festival RiR abre o prazo para presentar as curtametraxes cómicas

A segunda edición do certame celebrarase entre o 4 e 8 de setembro

Ambiente de rúa durante a primeira edición do certame de curtas de comedia.
Ambiente de rúa durante a primeira edición do certame de curtas de comedia.
O Festival RiR abre o prazo para presentar as curtametraxes cómicas

Allariz comezou a traballar xa na segunda edición do Festival internacional de curtas de comedia RiR, que se celebrará na vila entre os días 4 e 8 de setembro. Na actualidade, os organizadores xa procederon a abrir o prazo de inscripcións para que os interesados en amosar o seu traballo poidan ir enviando as propostas audiovisuais ata o día 30 deste mesmo mes, como data tope. Os creadores que queiran participar, poderano facer con curtametraxes de calquera temática, sempre e cando se inscriban no xénero da comedia, eixo central do certame alaricano.

Aínda que faltan tres meses para a celebración do festival, dende o Concello de Allariz comezaron xa a perfilar algunhas notas do programa que, como aconteceu na pasada edición, complementará as proxeccións audiovisuais con música, teatro, actuacións infantís, obradoiros ou monólogos polas rúas da vila. 

Se a edición inaugural estivo adicada á figura de Charles Chaplin, neste caso será o cómico de cine mudo Buster Keaton en torno a quen xire o festival RiR. Neste sentido, a Fundación Vicente Risco acollerá unha retrospectiva das súas curtametraxes tódalas tardes do certame. Está previsto que a mediados deste mes de xuño se faga público o cartaz deste ano, deseñado por David Calviño.