audiovisual

O Festival RIR de Allariz entregou nove premios no acto de clausura

Os premios do xurado foron a parar a mans de Carlos Blanco, que recibiu a distinción Rir contigo

A segunda edición do Festival RIR de Allariz de Curtametraxes de Comedia puxo a guinda a catro xornadas de actividades e proxeccións audiovisuais coa gala final celebrada o sábado pola noite e que estivo presentada polo dúo cómico Caldas e Mancho. 

Os premios do xurado foron a parar a mans de Carlos Blanco, que recibiu a distinción Rir contigo; á curtametraxe "El jarrón", que se levou o premio do público; á peza "In love", que recibiu o de Mellor Curtametraxe de Ficción e "Heroes de Arxentina", que se alzou co título de Mellor Curtametraxe de Animación. "Petiscos de pato" foi a Mellor Curtametraxe Documental, a Mellor Dirección recaeu en Fabrice Herbaut, o Mellor Guión en Aurélien Laplace, a Mellor Interpretación en Rulo Pardo e a Mención Especial do Xurado a "Una noche con Juan Diego Boto".

Te puede interesar