Fornada comunitaria en San Mamede de Urrós

Unos niños muestran sus panes. (Foto: MARCOS ATRIO)
Grandes e cativos disfrutaron onte no forno do Oroxo, na parroquia alaricana de San Mamede de Urrós, dunha concurrida fornada comunitaria organizada polo Banco do Tempo de Allariz, en colaboración cos veciños. A entidade, constituída no ano 2008 co obxectivo de ofertar intercambios de tempo para o desenvolvemento de todo tipo de tarefas que faciliten a convivencia entre as persoas integrantes desta asociación sen ánimo de lucro, organizou onte un encontro interxeracional.
Dende a mañá a noite, por grupos e familias, membros do Banco do Tempo e do grupo alaricano de consumo responsabel Agrelar interesados en compartir a experiencia, participaron nas tarefas que de xeito cotiá xa realizan os veciños desta parroquia alaricana. 'A idea é facela o máis participativa posible', apuntaban dende a entidade. Máis alá de ver como se coce o pan ou degustalo, 'creemos que é sumamente interesante a idea de aprender cómo se fai', matizaban or organizadores.

Te puede interesar