Recaudación

Os impostos do lixo e de circulación en Allariz, dende febreiro

IMG_20210126_135938 (1)
photo_camera Varios vehículos transitan por un dos viais de acceso ao centro alaricano este martes. (A.C.)
O prazo estenderase do 1 de febreiro, ao 5 de abril. 

O Concello de Allariz informou este martes da apertura do prazo, o vindeiro día 1 de febrero, para que os veciños poidan aboar as taxas tanto do imposto de vehículos, como do servizo de recollida de lixo correspondentes ao exercicio económico de 2021. 

Dende a Administración local alaricana matizaron que as persoas interesadas en facelo poderán consultar o contido das listas cobratorias na planta baixa da Casa do Concello, en horario de oficina de 09,00 horas a 14,00 horas, de luns a venres. 

O pagamento, que terá que realizarse en todo caso antes do vindeiro día 5 de abril, poderá formalizarse vía domiciliación bancaria -o veciño en cuestión recibirá na súa casa o correspondente xustificante bancario do seu pagamento- ou aboando presencialmente o custe destes servizos aportando un recibo -remitido aos domicilios- nunha entidade bancaria ou no enderezo electrónico www.allariz.com/tributos. 

Os recibos non aboados no período de pago voluntario establecido incorrerán nunha recarga do 5 por cento, do 10 por cento ou do 2 por cento, segundo corresponda.

Te puede interesar