SEGURIDADE - TRÁFICO

Incremento da seguridade viaria na zona da Alameda

<p></p>
photo_camera Aspecto dos traballos que se están a desenvolver no entorno da Alameda.

As obras melloran tamén a accesibilidade ó parque infantil e á área deportiva

O Concello de Allariz está a acometer un proyecto que ten como finalidade mellorar a seguridade viaria no entorno da Alameda, así como incremenar a accesibilidade nesa zona. As obras están a ser desenvolvidas pola brigada municipal.

O paseo da Alameda e o Arnado son dous espazos singulares e moi concurridos da vila, sobre todo no verán, xa que se atopa nas inmediacións do complexo deportivo de Vilanova, no que se ubican as piscinas municipais.

Dentro do programa de eliminación das barreiras arquitectónicas, a brigada municipal está a afrontar as obras de realización de rampas na pasarela que da acceso ao parque infantil e ás instalacións deportivas, co obxectivo de favorecer o paso a persoas de mobilidade reducida, así como para os carriños de bebés. Así mesmo, os operarios están a traballar para acondicionar pasos elevados na zona, co fin de reducir a velocidade do tránsito rodado.

A velocidade será limitada a 30 kilómetros por hora, para incrementar a seguridade viaria ao estar localizada nunha zona residenciacl e de uso intenso durante todo o verán. A intervención que está a acometer o Concello neste punto ten un custo superior a 20.000 euros e as obras estarán rematadas antes do próximo verán.

Obras no cámping

Otro dos proxectos que se van a acometer de inmdiato na vila afectarán ao camiño que une a estrada de Celanova co Cámping Hípica de Allariz. A finalidade destes traballos será facilitar o acceso ás instalacións do cámping, así como ás urbanizacións colindantes. O presuposto que se destinará a este traballo achégase aos 19,000 euros e incluirán a colocación de aglomerado en quente, para garantir o futuro da estrada e facilitar o tránsito pola mesma.

Te puede interesar