NAVIDAD

O instituto de Allariz acollerá un ano máis o “Nadal Parc"

<p></p>
photo_camera Numerosos puntos da vila estanse a engalanar con creacións alusivas á época de Nadal

O programa para estas datas inclúe música, monólogos e actividades infantís

O pavillón do IES de Allariz acollerá entre o 26 de decembro e o 3 de xaneiro unha nova edición do Nadal Parc, cun gran número de actividades para disfrute dos máis novos da vila nestas datas. Nas dependencias do Instituto habilitaranse inchables, zonas de xogos e un espacio reservado para as novas tecnoloxías. As entradas custarán 2 euros diarios con tarxeta de cidadán e 3 euros sin tarxeta de cidadán, e poderanse sacar bonos, cun custo de 8 e 15 euros, respectivamente.

A programación de Nadal promovida polo Concello abrirase o domingo día 18, co Concerto de Nadal da Escola e Vanda Nova da Unión Musical, ás 12,30 horas, la Casa da Cultura. Os venres 23 e 30 haberá monólogos na Casa da Cultura, a cargo de David Amor e Quico Cadaval, respectivamente.

Xa o sábado, día 31, terá lugar unha "Carreira do Boi 700" infantil, ás 12,00 horas. Na tarde deste día, ás 16,30 horas desenvolverase a carreira popular solidaria "A Derradeira" infantil, e ás 17,00 horas celebrarase a "A Derradeira" senior".

Xa no mes de xaneiro, o luns día 2 estará o Paxe Real, ás 19,00 horas, no pavillón do IES. O día 5, a partir das 18,30 horas, celebrarase a Cabalgata de Reis, que arrancará da Alameda. O sábado día 7, ás 19,00 horas, o Coro de Mulleres de Allariz e a Rondalla NovaXeración de Barbadás ofrecerán un concerto na Casa da Cultura. E o día 8, tamén na Casa da Cultura, terá lugar o concerto Odaiko "Invención, ás 18,00 horas.

Te puede interesar